Publicado por: vicente76 | 04/01/2009

Pinto, Pinto, Pintico

Ola a todos e a todas.

Xa case rematando as vacacións de nadal (os mestres é o que temos), lembreime que non dixera nada da miña estancia en Venezuela. Xa hai unha semana que estiven alá. Que vos vou contar!! Tremendo país. Caracas é unha cidade preciosa situada a 800 metros sobre o nivel do mar e  protexida por un monte chamado O Ávila. Por suposto non saben nada de verán ou inverno. “Sempre” teñen unha temperatura estupenda e eles falan de periodo de choivas ou periodo seco. Estiven 2 días nos Cayos de Morrocoy, unha parque natural protexido que consta dunhas 40 pequenas illas ás que se accede un lancha e nas que as praias impresionantes, a auga está quente e cristalina e podes ver nadando e voando todo tipo de especies animais. Logo marchei aos Andes, a San Cristobal, moi preto da fronteira con Colombia, onde estiven 4 días. Alí a paisaxe é puramente montañosa, obviamente, e moi parecida a Galicia. Logo voltei a Caracas onde fixen un percorrido por toda a cidade e visitei case todo o que tiña que visitar. A xente é moi agradable e gastan moita sorna. A comida é exquisita, tódolos días comín pratos típicos (arepas, hallacas, pizco, sancocho, cachapas, …), teñen unha serie de palabras que empregan constantemente (vaina, chamo, pana, arrecho, …), a propaganda Chavista está por todas partes, todo o “mundo” anda coa Blackberry Storm e, o máis alucinate, un depósito de gasolina custa menos dun euro. Quero voltar!!

sv300043-large

Publicado por: vicente76 | 13/12/2008

Sequiel Obama vs Milincho McCain

Este foi o verdadeiro debate. Disfroitadeo.

Dedicado a Eliseu (sin ser una cosa…)

Publicado por: vicente76 | 13/12/2008

De Galitzia a Galiza

Ola de novo a todos e a todas. Despois de moito tempo sen aparecer decido facelo hoxe, 13 de decembro,  día de Santa Lucía, que ven sendo o día do meu 32 cumpreanos. Pero non vou falar de min; quero falar de Wika Grygierzec, a miña amiga polaca que está connosco dende o verán e dentro dunha semana despídese porque marcha de volta para a súa terra. Ademais de ser moi simpática ten a habilidade de falar galego de tal xeito que se en vez de ser de Cracovia dixera que é de Sanxenxo creríallo ben, e para mostra un botón. Aquí deixo un vídeo da galega, dentro do espazo Ben Falado no que poderedes apreciar o que vos estou a contar. Bicos Wika.

Publicado por: vicente76 | 22/07/2008

Viaxe a Formigal

Ando a probar a colgar vídeos propios na rede. A pesar do anacronismo, aí vai este.

Xa sei que é un pouco macabro, pero tomádeo coma un exercicio de estilo.

Publicado por: vicente76 | 18/07/2008

Deustchland

Nunha semana estarei en Alemaña.

Prepárate Hamburgo!!!

Publicado por: vicente76 | 14/07/2008

Grazas á chuchada, bulinamos

Aínda que pareza un disparate, o título deste post vén a explicar porque se

pode navegar nunha dorna case en contra do vento. Ir en bulina ou bulinar é navegar case coa proa ao vento. O vento está formado por moléculas que tenden a estar xuntas. Cando estas baten contra a vela sepáranse e as barlovento (lado de onde vén o vento) corren pola beira da vela para unirse ás de sotavento (lado exterior da vela) e polo efecto da succión (chuchada na illa de Arousa) volven a unirse chegando antes as de barlovento que as de sotavento, provocando que a vela non se pegue ao pau (mastro) da dorna e facendo que avance. Facilísimo.

Publicado por: vicente76 | 19/06/2008

Os condes marchan, marchan os condes

Pode un conde renunciar ao seu título, igual ca un rei pode abdicar? Non o sei, ou como ben diría Buraten, “nono sei”. Bueno, el si que o sabería, porque el sabe moitas cousas, e se non que llo pregunten ao “sumurmujo”. Pero non me quero desviar do tema. Estou triste…, non triste non, sorprendido máis ben pola nova do conde e a condesa de Monterroso que marchan das súas terras para o ben definido reino luso-ourensán de Vigo. Así é a vida. Non me queda máis que empezar a añorar tempos pretéritos, aínda que non sempre foran mellores. Que será desas cuchipandas coas que o magnífico duo Mera-Hoyos nos deleitaban, desas tardes de total paixón lírica ás que nos entregabamos, algúns máis ca outros, polo ben da música, ou ben esas celebracións eucarísticas que lle devolvían a fe ao máis ateo. Que será, en fin, de nós. Pois o tempo dirá. Polo demais, boa sorte, queridos condes.

Publicado por: vicente76 | 16/06/2008

O Rei da casa 2008

Parabéns ao meu amigo Lucas e parabéns aos seus orgullosos e a partires de agora insoportables pais por resultar gañador do concurso O Rei da casa 2008 en A Coruña. Como que é merecedor.

(Se queredes ver aos segundóns entrade na páxina web do periódico A Opinión http://www.laopinioncoruna.es/)

Publicado por: vicente76 | 16/06/2008

Tan pequena e xa é toda unha estrela

Invitado por unha amiga decidín ir onte coller caramuxos á praia. Durante a relaxante operación atopei unha moi xeitosa estrela de mar. Como era tan bonita decidín facerlle unha foto. Pois o que a continuación ocorreu sorprendeume e deixoume cheo de interrogantes en relación á pureza da nai natureza. Eu penso, ou máis ben pensaba, que a fachenda era un mal humano, pero onte decateime de que non hai ser vivo exento dela, e se non mirade a foto onde se pode ver como a pequena estrela fai acenos á cámara coa pata nun intento de flirtear con ela. Acaso pretende cobrar pola exclusiva? ou será unha foto roubada?. Non o sei, non o sei…

Publicado por: vicente76 | 09/06/2008

O burro da Arnoia

Así é como denominamos na miña parroquia a aqueles individuos que manifestan unha severa torpeza, ben sexa de palabra, feito ou ámbalas dúas. Observade como me inmortalicei eu, emulando o traballo que realizaba o pobre burro. Tirar dunha inmensa roda de pedra á beira do río Arnoia ao seu paso pola preciosa vila de Allariz (Ourense), para triturar a cortiza de carballo ou sobreira e seren logo empregada nun dos procesos do encurtido de peles. Que burrada!

Older Posts »

Categorías